Escola de saúde pública - Pontevedra
Dende 2024 contamos en Pontevedra coa Escola de Saúde Pública, un espazo de encontro entre asociacións socio-sanitarias, entidades sen ánimo de lucro, colectivos, fundacións e outras agrupacións que queiran propoñer actividades e obradoiros enfocados á promoción do benestar da cidadanía en calquera momento do ano.
A Escola de Saúde Pública de Pontevedra nace con 3 obxectivos principais:
Promover hábitos de vida saudables
Mellorar a calidade de vida da cidadanía dando a coñecer hábitos de vida sanos.
Ser un espazo fixo de participación
Servir de escaparate para mostrar o traballo altruísta desenvolto polas asociacións socio-sanitarias.
Defender a sanidade pública
Comprender a sanidade pública como unha pedra angular da sociedade democrática, equitativa, igualitaria e solidaria.
Programa de actividades
Aquí poderás consultar a planificación de actividades preparadas nas próximas datas pola Escola Pública de Saúde.